Obras relixiosas

SAN PEDRO DE BURGUEIRA

SAN PEDRO DE BURGUEIRA

"Igrexa do século XIX cun campanario central e figuras de San Xoán Bautista, San Pedro e a Virxe do Rosario. Destaca a súa casa reitoral con torreóns defen...
Como varias igrexas do Concello, San Pedro de Burgueira foi doada en 1137 ao Mosteiro de Oia, o que nos indica a presenza neste lugar dunha antiga igrexa románica, mais a boa fábrica que vemos hoxe en día debeu agochar os vestixios do pasado medieval de Burgueira. O templo actual rematouse en 1808, en plena Guerra da Independencia. Trátase dunha igrexa con campanario central, e na súa fachada atópase o ano de construción e as chaves de San Pedro, en honor do seu patrón. As figuras que vemos na portada son San Xoán Bautista, San Pedro e a Virxe do Rosario. No seu interior, a bóveda de canón domina toda a igrexa. Na súa casa reitoral destacan os seus torreóns defensivos. Foi edificada incluso con foso defensivo e nela chegaron a vivir os frades do mosteiro de Oia.