Obras relixiosas

SAN MAMEDE DE PEDORNES

SAN MAMEDE DE PEDORNES

"Un lugar con historia ligada a un antigo mosteiro, destacando un escudo magnífico e retablos interesantes. Conserva cruceiros dun antigo vía-crucis."
A historia da igrexa está intimamente ligada ao mosteiro de Oia. No ano 1137 a igrexa foi doada por Alfonso VII ao mosteiro e doce anos despois foi doado todo o pobo de Pedornes. Douscentos anos despois, cando pertencía de novo ao Bispado de Tui, serviu como cambio entre a diocese e o mosteiro, que a cambio entregou as parroquias de Estás, Forcadela e outras dúas en Portugal. Aínda que pertencía ao mosteiro, esta igrexa servía como parroquial, xa que Oia non tivo consideración de parroquia ata o ano 1841, en que é constituída polo bispo Francisco García Casarrubios e Melgar, quen posteriormente, no mesmo ano, constitúea como parroquia totalmente independente. Do primitivo templo non quedan restos, aínda que polas trazas, podería ocupar a nave actual.Así, nela podemos atopar un magnífico escudo do mosteiro debaixo dunha lenda que lembra o ano 1736, data na que se restaurou. No interior podemos admirar interesantes retablos e no atrio consérvase un grupo de cruceiros que pertencían a unha antigo vía-crucis.