Obras relixiosas

CRUCEIRO ESMOLEIRO

CRUCEIRO ESMOLEIRO

"Antigo cruceiro de 1764, destaca pola súa base moldurada con representación das tres Ánimas e un peto. O seu capitel é de estilo xónico e a cruz é sinxela."

Cruceiro que data do ano 1764 como se pode ler nunha longa inscrición, que di o seguinte:
“PEDRO DOMINGUEZ ME PUSO POR SU CUENTA AÑO DE 1764”. E tamén as indulgencias concedidas.
O cruceiro nace sobre tres chanzos. Posúe unha base moldurada na que aparece a representación das tres Ánimas,o peto e a inscrición anteriormente dita. O varal é estriado. O seu capitel é de estilo xónico. A cruz é cuadrangular e sinxela, presentando só unha Piedade no anverso.