Obras relixiosas

SANTA UXÍA DE MOUGÁS

SANTA UXÍA DE MOUGÁS

"Un lugar onde se unen a arte románica e barroca, con pezas esculpidas únicas e retablos impresionantes. Alberga festividades o 27 de decembro."
Esta igrexa parroquial achéganos aos dous pasados de esplendor da arte galega, o románico e o barroco. Poucas son as igrexas románicas que chegaron até nós sen engadidos barrocos. En Santa Uxía únense ambos estilos, o románico nalgunhas pezas esculpidas, como o carneiro do seu cumio, e o barroco, na profunda reforma da súa fachada de finais do XVII e mais nos retablos do seu interior. A igrexa de Mougás tamén foi doada ao mosteiro de Oia en 1137 co nome de igrexa de “Mogaes”. No seu interior, no retablo maior, pódense observar a San Pedro e San Paulo, así como Santa Uxía, San Bernardo, San Francisco e San Fernando. Nas capelas laterais están os retablos do Rosario e do Carme, con San Antón e San Bieito.
Sta. Uxía: Celébrase o 27 de decembro