Etnografía

MUIÑOS DO RÍO CALÁN

MUIÑOS DO RÍO CALÁN

"Descubre un lugar cheo de historia e tradicións, onde os antigos muíños de auga son testemuñas do pasado rural. Un lugar ideal para os amantes da arquitectu...
Nesta zona do sur da provincia de Pontevedra, os muíños denomínanse “muños”. Un nome local para unha zona ateigada de ríos e regatos, na que as labores de moenda tiveron gran importancia na economía local. Nun tempo onde a electricidade non chegaba, e parte da alimentación dos veciños baseábase na fariña que saía deste “muños”.
Os “muños” son unha das mostras máis representativas da arquitectura popular galega e un valiosísimo patrimonio etnográfico. Ao redor destas construcións desenrolábanse importantes episodios da vida rural. As novas da comarca, as lendas, a historia, os contos e, en definitiva, a cultura e tradicións populares; transmitíanse de boca en boca á beira destas construcións mentres o muíño transformaba o gran en fariña.
A auga dos regatos chegaba aos “muños” a través de canles, de maior ou menor lonxitude dependendo da distancia á que se atopase do río. A través dunha canle con forma de funil, a auga penetra no inferno para mover o rodicio. Deste xeito a enerxía da auga transfórmase en movemento xiratorio, que se transmite á moa a través do Touzo, movendo a moa e triturando o gran sobre o pé que se mantén fixo.
A poucos metros do último “muño”, atópase unha canle que leva parte da auga do río da Cal cara os muíños do Folón e do Picón. Chegando aos Muíños do Nivel, onde se separan as augas para alimentar a ambos conxuntos de muíños.