Etnografía

CURRO DE TORROÑA

CURRO DE TORROÑA

Un lugar con 3 cercados de granito onde se realiza a tradicional Rapa das Bestas. Ideal para disfrutar da natureza e da cultura equina galega.
O curro de Torroña está formado por 3 cercados, estes á súa vez están formado por pedra de granito. No máis grande dos 3 é no que se realiza o curro, no mediano téñense os cabalos que están á venda e no pequeno é onde se sitúan os poldros.
Deste xeito, á primeira hora da mañá, os gandeiros soben ao monte, e conducen aos cabalos salvaxes ata o curro. A continuación cómese no monte, no merendero ou nas cantinas que hai nas inmediacións do curro.
Xa pola tarde, os gandeiros entran no curro e separan marcando con lume e cortando as crines ás bestas, e despois vólvenas a deixar en liberdade.
Así, o único e principal evento é a celebración da Rapa, cando os gandeiros entran dentro do peche, e mediante unhas técnicas usadas xa en tempos ancestarles, manéxanse para identificar e recoller aos seus cabalos, sanealos, cortarlles as crines e marcar as novas reses