Etnografía

A CAMBOA

A CAMBOA

"Antiga estrutura de pedra do s. XVI, construída por monxes cistercienses para pesca. Visible só na baixa mar e mareas vivas. Mantense só a parte inferior."
Trátase dun sistema de pesca en forma de estrutura de pedra construída no s. XVI, polos monxes cistercienses. Soamente pódese contemplar durante a baixa mar e cando as mareas son vivas. Na actualidade só mantense a estrutura inferior, debido a un gran temporal que azoutou a costa galega no ano 1979. A construción percorre a enseada do porto, o paso na zona central pechábase cunha comporta de madeira sendo utilizado como sistema de pesca, de maneira que cando a marea subía, a porta permanecía aberta e cando empezaba a baixar pechábase, quedando así o peixe e marisco entre a camboa e a praia.