Castros e petroglifos

O ALTO DO VISIÑO

O ALTO DO VISIÑO

Descubre gravados prehistóricos con representacións de animais, maioritariamente cabalos, nunha zona con alta concentración destas arte rupestre única.
Nas inmediacións deste punto existen varios grupos de petróglifos, no que destacan un panel con representacións de animais, de época prehistórica (entre 4000-2000 anos antes do presente). Maioritariamente poden identificarse como cabalos, pero amosan un forte esquematismo. Un dos cabalos parece estar montado.
Como poderás comprobar ao longo da ruta, nesta zona existe unha importante concentración de gravados con representación de animais esquematizados, esencialmente cabalos. Esta circunstancia dota a este tipo de gravados dunha personalidade especial, que os diferenza de outras representacións de animais do resto da arte rupestre do noroeste.