Ruta máxica de Oia

Ofrece impresionantes vistas sobre a costa atlántica, así como grupos de petróglifos e restos de recintos fortificados.

CANO DOS MOUROS

CANO DOS MOUROS

Un lugar único con un asentamento fortificado antigo, similar a outros na área. Destaca a súa muralla e o recinto ovalado. Ideal para amantes da historia.
Estamos ante un magnífico exemplo de asentamento fortificado, semellante no emprazamento a outros próximos como o da Cabeciña (Mougás). Como nunca se escavou, cientificamente é difícil precisar a súa idade. En todo caso o seu tipo de emprazamento e tamaño (ao redor dunha hectárea) fai pensar nun castro antigo (con algo máis de 2500 anos), que posiblemente estaría xa deshabitado no intre da ocupación romana, aínda que sen descartar reocupación do mesmo espazo en épocas posteriores.
Amosa un único recinto ovalado susceptible de ocuparse na parte alta, que esta delimitado por un parapeto, complementado cunha importante muralla. Isto sabémolo pola abundante cantidade de pedra miúda que se observa na superficie.