QUE FACER NUN DÍA

Ofrecémosche un plan perfecto para gozar do mellor de Oia, e que quedes con ganas de máis.

CASA HENRIQUETA

CASA HENRIQUETA

"Edificio emblemático cunha escaleira exterior do século XVIII e muros de pedra granítica. Destaca o forxado de madeira da cuberta."
Un dos edificios máis emblemáticos do barrio é a coñecida como Casa Henriqueta, na que destacan algúns elementos característicos do século XVIII, como a escaleira exterior, aínda que a orixe do edificio se supón que é anterior. Presenta muros de pedra granítica traballados con cachotería. Destaca o forxado de madeira da cuberta.