QUE FACER NUN DÍA
Ofrecémosche un plan perfecto para gozar do mellor de Oia, e que quedes con ganas de máis.
BARRIO DO ARRABAL
"Un lugar con encanto, con arquitectura tradicional galega e casas restauradas para servizos de hostalería. Destaca un miradoiro con vistas ao porto e un cru...
Ao abeiro do mosteiro medrou o Barrio do Arrabal. Este barrio constitúe un dos núcleos máis atractivos da parroquia de Sta. María de Oia. A súa rúa central, hoxe denominada Vicente López, era o paso obrigado da estrada. No seu estado actual aínda conserva varias construcións de interese, que reflicten a arquitectura galega tradicional, sobre todo as casas restauradas para servicios de hostalería e a fachada da reitoral da parroquia.
Ao comezo da rúa identifícase, pola súa placa, a primitiva casa do concello. Construída en 1875, na actualidade funciona como oficina local de turismo.
Destaca a pequena praza Centinela, miradoiro ideal sobre o porto e o mosteiro, cuxo nome recorda na súa toponimia a función de vixilancia que exercía este lugar ante os ataques inimigos. Conserva un interesante cruceiro, onde se aprecia a súa data de construción en 1764 e o seu doante. Na súa base destaca unha singular representación das ánimas do purgatorio.
Dende a balaustrada de pedra da praza, coa marea baixa, son visibles os restos do dique de pedra que pechaba completamente a enseada coa axuda dunha comporta. Esta construción tradicional, coñecida como “A Camboa”, era empregada como sistema de pesca polos propios monxes do mosteiro.

MOSTERIO DE SANTA MARÍA DE OIA
"Un lugar histórico na costa, único mosteiro cisterciense á beira do mar. Destaca a súa fachada barroca e o seu carácter defensivo. Hoxe é propiedade privada."
BARRIO DO ARRABAL
"Un lugar con encanto, con arquitectura tradicional galega e casas restauradas para servizos de hostalería. Destaca un miradoiro con vistas ao porto e un cru...
POZAS DE MOUGÁS
Un lugar con fervenzas e pozas naturais ideais para o baño, especialmente na época de chuvias. Tamén conta con petróglifos nas proximidades.
MIRADOIRO DA CABECIÑA
Un lugar excepcional en Mougás, na Serra da Groba, con vistas ao Océano Atlántico, restos castrexos, petroglifos e parte da Ruta Máxica.
Glasgow – Hotel-Restaurante ***
Hotel A Raiña **
Hotel-Restaurante Costa Verde ***
Hotel-Restaurante O Peñasco**
Albergue Camino Portugués Oia
Albergue Aguncheiro
Albergue da Estrela
Camping Mougás 1ª
Camping O Muiño 1ª
CAMPING/ÁREA DE AUTOCARAVANAS O MUÍÑO
Un cámping de 1ª categoría situado nunha paraxe incomparable do Baixo Miño, aos pés do Océano Atlántico e rodeado de montañas. Ideal para amantes da natureza.
Café Bar Puertas
Cafetería Sal de Mar
Restaurante Lorena
CASA PUERTAS
"Edificio destacado cunha cruz na fachada que alude a unha antiga ermida. Muros de pedra granítica e fachada principal con pedra á vista."
Casa Puertas
CASA RECTORAL
"Unha construción do bispado con elementos arquitectónicos do século XVIII, aínda que modificada recentemente."
Casa Paco
Casa Henriqueta
CASA HENRIQUETA
"Edificio emblemático cunha escaleira exterior do século XVIII e muros de pedra granítica. Destaca o forxado de madeira da cuberta."
Bar El Puente
Bar Fernández
Bar O Porto
Bar Rocha
Bar Salinas
Bar Terraza do Mosteiro
Budiño de Serraseca
Picadero O Rancho
A Riña
Porto dos Barcos
O Lugar
A Camboa