Miradoiros

Situados ao longo da Serra da Groba para contemplar a beleza virxe desta contorna.

MIRADOIRO DE CHAVELLA

MIRADOIRO DE CHAVELLA

Un lugar con vistas espectaculares ata Cabo Silleiro e a costa, situado nun antigo castro e parte dun tramo impresionante do camiño de peregrinación a Santiago.
Desde o miradoiro do recinto fortificado coñecido como Castro de Chavella, a vista alcanza ata Cabo Silleiro considerado unha das bocanas da Ría de Vigo. Aos nosos pés toda a franxa costeira do municipio de Oia, que na actualidade coincide cun dos tramos máis espectaculares do camiño de peregrinación da costa ata Santiago de Compostela.