Barrio do Arrabal

Ao amparo do mosteiro nace o barrio do Arrabalde, onde descubriremos estreitas rúas, pequenas prazas, tradicionais casas con patín saen ao noso encontro.

CÁRCERE DE MULLERES E HOMES

CÁRCERE DE MULLERES E HOMES

"Antigos edificios monásticos, funcionaron como prisións para homes e mulleres. Destaca a súa cuberta a dúas augas e muros de pedra granítica."
A documentación do Mosteiro permite situar os edificios que funcionaron no seu día como cárceres de homes e de mulleres. Trátase dunha cuberta a dúas augas realizada con tella mixta. Presenta muros de pedra granítica traballados con cachotería.